Rof Codina

Este foi outro dos nosos grandes proxectos de 2018, o novo identificador do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, en Lugo. O traballo comezou cunha escisión en dúas ramas: Fundación Rof Codina e Hospital Rof Codina. Tiñamos que crear un identificador para cada unha delas que mantivese unha certa continuidade co identificador que xa tiñan e que relacionase as dúas entidades e mesmo unha terceira entidade para a que deseñaramos o identificador hai un par de anos, Cebiobet. A partir de aí papelería básica, documentación, sinalética interior e exterior do edificio… Tívonos atarefados abondo!

(Vedes a cariña do can no identificador?)

Símbolo Hospital Veterinario Rof Codina

Símbolo Hospital Veterinario Rof Codina